divendres, 23 de febrer del 2018

EVOCO


Evoco as cancións
que acompañaron as longas fileiras de caravanas
á conquista dun espazo en branco,
e de novo volvo sopesar a intensidade de cada palabra.

Camiño día e noite por unha paisaxe inventada
mentres penso nas horas estrulladas e lanzadas ao lixo,
tamén nas outras onde tomaban corpo e alma
seres cos que xoguei a forxar ficcións cribles.

Evoco e lámbome  as feridas como un gato vello
que, soberbio e fachendoso, négase a admitir as derrotas.


Evoco e escribo con ánimo de desquite coas gadoupas dun gato.


Tradución ao idioma galego de Sabela P. Pardo.

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada