divendres, 30 d’agost de 2013

CRÓNICAS DENDE O INFERNO



A alegría no país da raíña mentira
é causa de cegueira entre os seus cidadáns.
Mentres caen as faíscas
dos fogos de artificio o pensamento fuxe,
a razón abandoa os sermóns dos charlatáns de turno
que recitan dende os seus tronos mediáticos
o playback do discurso dominante
suministrado polas axencias de poder.
Os sorrisos e as gargalladas da xente
en plena orxía da superficialidade
son apático aceno
dunha comunidade acobardada que permitiu
que os ladróns instalaran a súa cova no palacio do Goberno.

Escribes polo silencio meditado dos días
en que a esperanza nos será devolta.
Escribes a crónica dun entroido de despropósitos

vivido dende o inferno.

Traducción galega: Miriam S. Moreiras