Evoco as cancións
que acompañaron as longas fileiras de caravanas
á conquista dun espazo en branco,
e de novo volvo sopesar a intensidade de cada
palabra.
Camiño día e noite por unha paisaxe inventada
mentres penso nas horas estrulladas e lanzadas ao
lixo,
tamén nas outras onde tomaban corpo e alma
seres cos que xoguei a forxar ficcións cribles.
Evoco e lámbome
as feridas como un gato vello
que, soberbio e fachendoso, négase a admitir as
derrotas.
Evoco e escribo con ánimo de desquite coas
gadoupas dun gato.
Tradución ao idioma galego de Sabela P. Pardo.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada