dimecres, 22 de desembre del 2010

MULLER


Muller, o garrido e afable cabaleiro que queres

e o dragón de pensamento retorto e torturado que temes

é un monstro bicéfalo capaz das caricias máis tenras

xerador tamén dunha violencia súbita e cruel.


Muller, o teu lar é unha cova con hipoteca,

un antro sombrío e amargo de lúas eclipsadas,

onde estás atada a unha cadea de elos invisibles,

difícil de arrastrar, imposible de romper.


Muller, o amor é o odio, o medo é o desencanto

fornican enchéndoche a testa de entolecidas volvoretas,

namentres que o acedo refugallo do querer colma

coas charqueiras do rancor o chan por o que camiñas.


Muller, o paraíso é a fuxida soñada, inalcanzable,

o purgatorio o habitáculo onde rillas a pena,

o limbo o suco húmido onde é asasinada a xoia,

o inferno o morado infrinxido sobre a túa epiderme.


Tradución Galega: Roberto Pérez Pardo.




1 comentari:

GLÒRIA ha dit...

Bellíssimes versions, Manel. M'alegro de que tu, poeta, arribis a tanta gent.
Bon Nadal!